martes, 8 de marzo de 2011

Día da Muller Traballadora

Como non debe ser doutra forma, hoxe quero dedicar o meu comentario o Día da Muller Traballadora. Para ilustralo, nada mellor que unha foto de principios do século XX, no peirao da Coruña, moi ilustrativa: catro mulleres carretan o equipaxe para un barco, moi posiblemente dun dos moitos emigrantes que tiveron que deixa-la nosa terra para poder sobrevivir. A diáspora daqueles tempos, caseque exclusivamente a América. Deixabannos os homes, e quedaban as mulleres, as "viuvas de vivos" que dicía Rosalía naqueles versos tan amargos e tan sentidos: "venderonlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo e a manta de cama. María eu son mozo, pedir non me e dado, eu vou polo mundo, pra ver de gañalo...". Estas mulleres que quedaban solas nas aldeas, nais, esposas, aboas, a cargo dos fillos, dos vellos, das terras, das vacas (se as había), da casa... Que pola mañá limpaban a casa e aseaban ós vellos, que logo iban a terra ou cas vacas, que viñan face-la comida e logo voltaban a terra. Sempre caladas. Só traballando. Para intentar sobrevivir e sair da miseria. A esa muller do rural galego, que mantivo a unión da familia, que mantivo a economía da casa, á que nunca se lle fixeron homenaxes, porque non os necesita nin os quere, vai hoxe o meu mais sinxelo recoñocemento

4 comentarios:

Inma dijo...

Me encanta esta entrada, es sencillamente genial.

okupa dijo...

Nada sorprendente conociendo al q los escribe. Dn Miguel, si finalmente ocupa la alcaldia d Naron, tengo claro q comenzaran buenos tiempos para nosotras. Un afectuoso saludo.

Anónimo dijo...

Bravo Miguel!
Mereces ser alcalde.

Reme dijo...

Gracias pola parte que me toca nesa felicitación, pero tamén hay que felicitar a todas esas amas de casa que son mais traballadoras,sin ser recoñecidas, que están nos seus fogares cuidando e dando educación os seus fillos. Nos días de hoxe ¡que labor tan importante!.